5/7/11

XORNADA FESTIVO POLÍTICA



O sábado 9 de xullo Galiza Nova organiza en Manzaneda unha xornada festivo-política.

As 11:30 partirá da praza do Concello un roteiro no que pode participar todo o mundo dunhos 5 quilómetros e que servirá para coñecer un pouco mais a zona.

As 14:00 no restaurante Nevada celebrarase un xantar para a xente que queira. Anotarse antes do Xoves 7 de Xullo. O prezo será arredor dos 10 €.

As 16:30 no salón de actos do Concello de Manzaneda celebrarase unha mesa redonda aberta a todo o mundo sobre alternativas para o desenvolvemento das zonas rurais, actuacións a levar a cabo para fixar poboación e infraestructuras necesarias para poder levalo a cabo. Participarán:
XOSE MANUEL PÉREZ BOUZA - Senador do BNG.
DAVIDE RODRIGUEZ - Alcalde de Manzaneda.
XOSE ANTONIO NUÑEZ - Ex-Alcalde de Manzaneda.

As 19:00 nas inmediacións do pavillón xogaranse aos bolos celtas e a billarda, deportes tradicionais típicos da zona.

Para mais información ou anotarse ao xantar enviar un email a trives.gz@gmail.com

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi boa iniciativa. Parabéns e alí nos vemos!

Anónimo dijo...

enoraboa rapaces, vese quen quere traballar polo pobo sen nada a cambio, non coma outros...

Anónimo dijo...

los de manzaneda sois la repera, no sabia que teniais tanto poder, no todos son capaces de traer a un senador, espero ir si puedo, besos

Anónimo dijo...

Moi boa proposta para este sábado. Temos que crear conciencia de país e defensa da terra nesta comarca de Trives e Caldelas que tan faltos dela están.Pilotados por ese reducto "galo" como a aldea de Astérix no medio de tanto "romano" que é Manzaneda, temos que avanzar na construcción do país comezando polo máis próximo a nós.
Avante.

Anónimo dijo...

Coido que o acto da pasada fin de semana estivo moi ben, foi moi instrutivo e, que carallo!, tamén o pasamos ben. Haberá que repetir e voltar por aquelas terras.

Parabéns mozos/as!