O mércores 7 de maio na Alameda de Santiago celebrouse unha manifestación contra a retirada dos trens rexionais. Fomos moitos os que nos demos cita alí, sendo o lema
“O tren é noso, non dos poderosos” o mais soado.
Esta xorde xa que o Ministerio de Fomento ten prevista a retirada diste tren para cando chegue o AVE a Galiza. Principalmente isto afecta a gran parte da sociedade que vive no rural, traballadores e estudantes (cidadanía popular) que grazas ó Rexional podense desprazar ás cidades. Principalmente a retirada empeza perxudicando ás estacións de Portas, Catoira , Padrón etc. Pero nun futuro a retirada será inminente en toda as demáis paradas. Como dixo Adela Figueroa presidenta de ADEGA “o AVE está eliminando moitas paradas do tren popular, ADEGA argumenta que o custe de salvar estas estacións sería o mínimo, tendo en conta o investimento global do AVE”.
Por eso esixese un transporte público digno para todos e unha das alternativas é a do mantemento do Tren Rexional.
Falando con estudantes que depende exclusivamente do tren rexional moitos decianme: “eu vivo en Verín, xa dependo de ter que coller un bus ata Ourense que me sae a 5€ máis outros 6€ aproximadamente dende Ourense a Santiago e iso só na ida, outro tanto na volta… se nos quitan o rexional, ainda que agora afecte principalmente a veciños como os de Portas ou Padrón, que faremos?” outro argumentaba “vivo en Redondela e estudo en Santiago, se desaparece a parada, que teño que ir a Pontevedra en bus para coller o tren?” A preocupación pola retirada dos rexionais chega tamén ó peto xa que son bastante economicos, ainda que se tarde un chisco máis e as instalacións non sexan do máis moderno e moitas das veces teñamos que ir sentados no chan.
En moitas cabezas xurden preguntas como: que teremos que facer para chegar ás cidades cando so dependes dun tren? E o cal hoxe por hoxe cabe a dubida que dentro duns aniños sega pasando pola estación máis próxima e a cal por non se atopar nunha cidade deixará de existir?
E para rematar se estás de acordo, saca forza do peito e fai soar o lema.
4/12/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Y queinos impourta a lois viciños de Trives i Galdelas que les quiten il trene aos faciñeirosos de Pontus Vedra. Si vosoutros non habeis luichado porla autovia. Non temos nada, vos lo rucuerdo. A mi me da igual o que pase en Pontevedra. Eo solo sei q en Trives naom temosh nadiña de nadiña. Preocupadevos pola bosa tierra, tanto que decís qos preocupais. No por Ponte Mierda, que nom é a nosa "nazón".
VIVA TRIVES
E que nos importa os veciños de Trives a selección Española, si non son de Trives. E pra que queremos que nos manden dende Madrid se non e Trives. Trives república socialista xa. Eso si, logo montaremos unha Autovía entre Trives e Requeixo pra que vaian as vacas que quedarán.
Moi bo o tema de facerse eco do do AVE. Unha aperta e a seguir así.
Publicar un comentario