3/12/08

Só cunha mocidade galega convencida do que é noso, seremos quen de defendelo.


O Canón do Sil, unha das paisaxes mais bonitas do noso país, un dos mellores lugares da nosa xeografía onde ollala fermosura da nosa terra, un destes lugares que non deixa indiferente a ninguén que o visita está en perigo.

Iberdrola, empresa que gasta millóns de euros en campañas publicitarias decindo que defende o medio ambiente, coa súa campaña de “lo hemos hecho bien”, quere furalo noso Canón do Sil. Esta empresa que exprime ó noso país sen apenas deixar ingresos quere montar unha nova central eléctrica no Canón do Sil que implicaría un grave desastre medioambiental na zona, xa que implicarán obras durante anos, xerando miles de toneladas de cascallos e sedimentos (uns 220.000 metros cúbicos) que irán a parar a un ecosistema protexido. De paso afectará á conservación de varias especies en perigo de extinción que habitan na zona como a aguia real.

Ante esta situación, sabendo que a ministra de Medio Ambiente do PSOE, Elena Espinosa é de Ourense, polo tanto coñece o Canón do Sil, suponse que esta persoa non será capaz de aceptar tal destrucción do noso país. Así é, o día 3 deXullo do 2008 na Cidade de Ourense, a ministra afirma textualmente que “NON asinará aproveitamento hidroeléctrico ningún no Sil”. Esto é un gran alivio para tódalas persoas que amamos A Nosa Terra.

Días despois, concretamente o 8 de Xullo do 2008 sae publicado no BOE a aprobación do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do Canón do Sil asinado pola desmemoriada ministra Elena Espinosa o 23 de Maio do 2008. A Ministra de Medio Ambiente mentiu descaradamente enganando a toda a poboación da provincia de Ourense coas súas palabras, vendendo os nosos espazos naturais a empresas que non xeneran beneficio necesario para o noso país.

Xa pasaron bastantes días e a ministra non se volveu a pronunciar sobre este tema. Agora ben, aceptada legalmente a destrucción do Canón do Sil, que podemos facer nos? Pois moi sinxelo, so hai dúas opcións:
-Organizarnos, denunciala destrución que aprobaron, facer o necesario para o derrogamento deste proxecto e loitar todo o posíbel para que esta barbaridade non se faga até a última consecuencia.
-Pasar de todo, total xa bastantes cousas desfixeron na Galiza, así que unha mais pouco se notará.

Cal é a túa opción?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Yo estoy a favor de la construcción del Aprovechamiento Hidroeléctrico de San Esteban II (que no Samto Eshtefo) en aras del rpogreso económico de Orense. Mal que os pese a los que siempre estási en contra de todo, los del bloque. Hoy han matado a una persona que defendía la prosperidad de Vascongadas. Son los que lo han matado los mismos con los que os habéis coaligado en 1987 o los que fueron a recibir los restos de Daniel Castelao en Santiago. Los que lo han matado están en contra del progreso y de la libertad. Son los mismos que han protestado contra la Central Nuclear de Lemóniz (mataron al Ingeniero Jefe de Iberduero José María Ryan en 1980), contra la Autovía del Leizarán A-15 Pamplona-San Sebastián (mataron a un ingeniero proyectista de Ferrovial en Valencia); contra la presa de Itoiz (Aoiz-Navarra) en la que apalearon a un vigilante de las obras y forzó a instalar u npuesto del GAR de la Benemérita en las obras. Y finalmente, amenazas a las obras del AVE en las Provincias Vascongadas, y matan a un constructor.

Gracias a Dios el nazionalismo galaico no sigue en la actualidad esos derroteros (salvo excepeciones como AMI y el EGLPGC amparado por el BNG de los años 80 anteriores a la Asamblea de Carballino). Pero quiero recordaros que vosotros os habéis manifestado en contra del progreso de nuestra tierra: Galicia. En contra de las autovías, en contra del AVE (muchos secotres yasambleas locales vuestras). En ocntra de la AP-9 (decíais que era una "navallada para a nosa nazón). Etc, etc. Que estéis en contra de una central, no me extraña sabiendo vuestra historia de decir a todo que NON. NON. NON.


Viva España

Anónimo dijo...

De que progreso económico me falas? Se os que o explotan pagan os seus impostos en Madrid e nada de beneficio vaise a quedar na Terra e aparte van a destrozar ecoloxicamente o Canón do Sil.

"lo han matado los mismos con los que os habéis coaligado en 1987 o los que fueron a recibir los restos de Daniel Castelao en Santiago."

No 87 o BNG presentouse en solitario, podelo ver na web:
http://www.elecciones.mir.es/MIR/jsp/resultados/index.htm
Aínda mais, a xente do BNG que solicitou o voto para Batasuna foi expulsada formando a FPG, existente hoxe en día.


"contra la Autovía del Leizarán A-15 Pamplona-San Sebastián"

Esa mesma autovía na que o Goberno parou o seu proxecto e negociou con ETA o trazado dándolle lexitimidade os terroristas?


"contra la presa de Itoiz (Aoiz-Navarra) en la que apalearon a un vigilante de las obras y forzó a instalar u npuesto del GAR de la Benemérita en las obras."

Dices esta suposta agresión:
http://www.youtube.com/watch?v=MHtL08MtkwI&feature=related
Jajajajaja, mira que manipulan os medios de comunicación.


"Gracias a Dios el nazionalismo galaico no sigue en la actualidad esos derroteros (salvo excepeciones como AMI y el EGLPGC amparado por el BNG de los años 80 anteriores a la Asamblea de Carballino)."

Primeiro aprende a escribir é EGPGC e foi desmantelado no ano 91, fai xa case 20 anos, non sei como mintes tanto.
Aparte o Anxo Quintana foi o primeiro en esixir que caia todo o peso da xustiza sobre a xente de AMI.


"En contra de las autovías, en contra del AVE"

Se inda foron os do BNG a manifestarse a Lubián para que se cumplan os plazos do AVE.


"En ocntra de la AP-9 (decíais que era una "navallada para a nosa nazón)"

Eso o dicía LAR (Loita Armada Revolucionaria) que nada tiña que ver co BNG. O BNG o que esixiu e que fora libre de peaxe, que cambia bastante o asunto.

Anónimo dijo...

Mui comida teis la cabeza, chyco do BNGA. Q seipas q a Autovia de Leizarán non a desviou o Guberno. Foy a Diputación Foral de Guipúzcoa (gubernada por Eli Galdós- histórico PNV) e u Goberno Foral de Navarra (Xuan Otano-PISOE) cedendo aios terruristas e vendendo Nafarra.

O de IToiz, agrediron ao guardia. Hubo de sere injresado. Houbo amenazas da ETA. Y houbo que poñer a Guardia Civil a vixilar a obra. Gracias a Dios NS, agoura existen isas duas presas e o Canal de Navarra ancóntrase muito avanzado na sua construzao. Viva Navarra.

O nazionalismo apressentoyse com HB nas europeias. Y eles vinyeron a tocar o caralho a Santiajo pa recibir o lider nazi Castelao.
No 77 el BNGA nom ixistia, pero o BNG recoge todis ises xentimentosh nazonalistas. Me da igual la sigla que hubiese sido.

E o BNG apoyou hasta o ano 87 (hasta q lo deishou por conveniencia politica) o terrorismo do Ejército Guerrillero para la Libertación del Populacho Galaico "Célibe". D'eses polvos temos ese lodos. A shente de AMI, sentes como Eugenio y Juliana na Audienza Nacional; y o líder de Resistencia Pueblerina galaica escundido em Portucale.

Non acuso ao BNG actual de terrorismo, pero houbo quen sacudiu os arboles. E o nacionalismo de certo modo comprende os fins, ainda q non os medios.

Hasta logo e Viva Trives sin Galdelas.

Anónimo dijo...

Tres Trives, es un heroe. Non coñezo a naide tan capaz de argumentar coma ti.

Anónimo dijo...

Tres Trives, tes un grave problema co galego. Debe ser que non cho ensinaron na escola. A forma túa de escribir o que demostra e a mentira de que o galego está imposto en Galiza, xa que se fora certo saberías escribilo.

Non hai mais cego que o que non queres ver. Esto foi o que pasou en Itoiz:

http://www.youtube.com/watch?v=MHtL08MtkwI&feature=related

Perde 10 minutos da túa vida en velo e despois opina, xa que tempo tes de sobra que so fas que poñer tonterías nos foros de "La Region"