1/12/08

Galiza, nación e negación

Ultimamente está en voga falar sobre si ou non ó distintivo de nación para os diversos pobos que cohabitan na península, e por iso debemos de ir ó fondo do tema e analizar en profundidade para que ningún fala-barato de tasca nos explique os seus dogmas de fe (principios inmutables e incontestables) e o que eles non saben. Veremos cales son os aspectos e condicións para proclamarse nación.

Unha das definicións mais precisas de nación déunola Castelao no seu libro Sempre en Galiza: “Nación é unha comunidade estábel, historicamente formada de idioma, de territorio, de vida económica e de hábitos psicolóxicos reflexados nunha comunidade de cultura. Sómente a existencia de todos estes sinos distintivos, en conxunto, pode formar a nación”. Analicemos esa definición:


IDIOMA

O galego é fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Coas súas diversas variantes, o galego fálano mais de 200 millóns de persoas en todo o mundo é falado en 32 países como Brasil e Portugal entre outros, polo tanto, que ninguén diga que o galego é unha lingua minoritaria porque estará lonxe da realidade. En galego escribiu o rei sabio Alfonso X o sabio nas cantigas de santa María ademais de outros moitos literatos como Garcia lorca nos seus poemas.

É de lamentar que na actualidade se sigan a reproducir escenas do pasado propias de xente con poucas luces en xeral co único afán de querer aparentar algo que na vida non conseguiron e tratan de facelo por medio do idioma, pobriños!!. Como di esa canción: “aprendices de señorito” ou “marqués de quero e non podo”, “que yo soy mas que tú que hablas en gallego que es típico del rural y de paletos y yo como soy de la city me queda mas fashion”. Queiran ou non iso chámase prostitución, si si prostitución, porque están a prostituír a súa lingua, a lingua na que creceron , a lingua coa que xogaron, a lingua coa que riron, a lingua coa que choraron. “Señora fálelle castelán ó fillo non vaia ser que saia parvo coma vostede”. Estou seguro de que coñecedes mais dunha persoa que se prostitúe deste xeito.

Parte destes problemas teñen a súa orixe no pasado cando ós nosos pais e avós se lles prohibiu falar en galego na escola facéndolles crer que falar galego era falar mal, era de bárbaros e falar castelán era bó ademais de toda aquela parafernalia de que a letra e a lingua co sangue entra e ó rapaz que se lle escapara unha palabra en galego era castigado física e moralmente polo mestre ou cura (léase corvo) de turno. Por outra banda a igrexa deixou de falar galego e pasouse ó castelán involucrándose así no proxecto caudillista fascistoide de una grande y libre!!. O seu deus moito ten que perdonar, eles os primeiros que aínda non pediron perdon do que fixeron.

Prohibiuse ós tribunais outra lingua que non fora o castelán e por se fora pouco intentouse castelanizar as toponimias galegas, temos claros exemplos aínda na actualidade como sanjenjo, puertodelsonido, vivero, requejo, la coruña, puebla de trives, la encomienda, san juán de río...

Cando un imperio tenta someter e colonizar a un pobo o primeiro que tenta esterminar é a lingua xa que é un dos rasgos mais característicos de diferenciación, e por iso Galiza como país colonizado segue a defenderse dos ataques que o imperio Español segue a verter en contra do noso rasgo mais característico. Os ingleses aldraxan ós escoceses, os franceses aos bretóns e os casteláns ós galegos, cataláns e vascos.

Pois ben, a pesar de todo isto o galego segue vivo e mentres exista xente no pobo que loite polo seu non conseguirán eliminarnos.

Temos que facer cumplir as leis de normalización lingüística do galego en tódolos ámbitos e de recuperar a auto-estima dándolle a dignidade que o noso idioma se merece, ese idioma no que os nosos avós nos contaron esas fabulosas lendas, contos, encantamentos, e transmitirllo do mesmo xeito ós nosos descendentes, o maior legado que se lle pode deixar é iso, sen dúbida.


TERRITORIO

Como ben dicía Castelao, “non pode negarse que a entidade xeográfica galega ten fronteiras naturais perfectamente recortadas e comprende algo mais que o territorio das catro provincias. O carácter diferencial da rexión galega está recoñecido polos mais acreditados xeógrafos. As montañas redondeadas do noso conxunto de montañas contrasta cos accidentes agudos de Asturias e coas planicies de Castela.

Galiza é unha comunidade nacional contando co Bierzo e demais comarcas limítrofes de Lugo e Ourense, esta reconstrución quizais algún dia sexa posible e a ver se dunha vez por todas o tempo cura un dos maiores erros históricos. Tampouco se pode permitir que o Miño siga sendo unha fronteira entre dous estados irmáns”.

Agora xa podemos afirmar que Galiza se diferencia tamén morfolóxicamente do resto de España. Cando un galego entra nas planarías de León e Zamora síntese en terra allea, quizais pola tristura que producen os desertos. Deste sentimento saben moi ben os nosos avós que foron ás segas por Castela e de feito constancia disto quedou. Cando un Galego entra en Asturias ten que acostumarse a un novo estilo de paisaxe con montañas mais punteagudas, pero cando pasa a fronteira Portuguesa síntese na propia terra xa que a historia aquí foi duramente castigadora separando ós irmáns dunha mesma familia e terra. Ese é o resultado dunha terra que foi asoballada ó longo de tantos séculos e tutelada coma se fósemos menores de idade e decidindo sempre por nós, e non nos esquezamos que dun ou doutro xeito a tutela e o asoballamento dos españois continua a existir hoxe en día, só temos que abrir un pouco os ollos e albiscaremos os atropelos que seguimos a sufrir por esta xente de secano.

O que seguro nunca nos quitarán os imperialistas é a terra, porque por moito poder que o estado centralista teña nunca poderá mudar o noso territorio en chaira castelá. Para nós a patria non é esa idea abstracta que defenden os imperialistas, para nos a patria é a terra, símbolo do sentimento natural de pertenza das persoas á terra.


ECONOMÍA PROPIA

Cando falamos da nosa economía todos temos claro a marxinalidade que Galiza ocupa no estado: cota láctea, desmantelamento da frota pesqueira, rendas por debaixo da media, marxinación nos investimentos que fai o estado, travas á construción naval, usurpación dos nosos recursos naturais sen que repercuta prácticamente en Galiza...

Todo isto como veremos é o resultado da falta de soberanía política da nosa nación.

Na actualidade estase a traballar para que a materia prima se transforme aquí no país e cree así o valor engadido que en definitiva é o que da a riqueza e non o exportar masivamente para que outros fagan os derivados e creen así o beneficio, por exemplo sería bó que os derivados lácteos se transformaran integramente en Galiza e non exportar toneladas e toneladas de leite para que outros saquen probeito. Coa madeira pasa exactamente o mesmo, somos os maiores productores de madeira do estado e sen embargo exportámola sen crear aquí as suficientes industrias de transformación, o granito exactamente igual, os italianos mercan aquí a pedra en bruto a preparan en italia e despois a venden aquí a uns prezos considerablemente superiores. Temos a ence na ría de pontevedra contaminando coa sua actividade na pasta de papel pero esa pasta é mercada por industrias transformadoras ubicadas en cataluña que sacan rendibilidade ó producto transformandoo nos seus derivados sen ter os problemas de contaminación que a obtención da materia prima conleva, polo tanto, tendo a materia prima só necesitamos industrias que transformen a materia prima en productos elaborados finais que dan postos de traballo e riqueza para o país.

Temos unha gran tradición agrogandeira e gran capacidade productora neste campo pero debemos fomentar o coperativismo para sermos mais competitivos xa que o minifundismo e o individualismo entorpece calqueira posible evolución no mercado actual. Estas actividades traen aparellado algo tan importante como é a fixación de poboación no noso rural.

Tamén temos empresas que explotan os nosos recursos naturais coma poden ser as hidroeléctricas as cales tendo aquí a súa actividade pagan os impostos noutros territorios que son os que realmente recaudan, e aínda por riba pagamos un dos prezos mais elevados pola electricidade e aturamos o impacto mediambiental que se xenera tanto no sentido da explotación coma no sentido da distribución da enerxía sen dubidar o estado en concederlle licenzas para arrasar con terreos incluso en zonas teóricamente protexidas medioambientalmente como pode ser a rede natura, e por suposto, non manter o cauce ecolóxico dos ríos fundamental para a pervivencia da flora e fauna dos nosos ríos. Será esa a enerxía verde que tanto proclaman?. O mundo ó revés !!

Temos unhas rías nas que se producen os mellores mariscos e pescados do mundo pero sen embargo non somos capaces de facer un saneamento integral destas para que a producción marisqueira non teña futuros problemas productivos.

Estamos moi acostumados que en épocas electorais veña o presidente do goberno de turno prometendo “el oro y el moro” . Eu só lle diría unha cousa a estes señores, miren, deixennos administrar o que é noso que nós sabemos o que hay que facer e cómo sacarlle partido ós nosos recursos e deixen de marearnos, sigan vostedes pendentes dos escarceos do rei mentres nós construimos unha sociedade puxante e dona de sí.

Temos unha industria da automoción que xera miles de empregos e que cada vez se afianza coma un dos sectores puxantes e estratéxicos do país, pero claro, carecen de infraestructuras suficientes para seren todo o competitivas que poderían ser, pero cómo non, é mellor espoliar os nosos cartos invertindo nos madrileños e nos andaluces porque en definitiva son os que dan os votos para poder perpetuarse no poder.
O pobo galego ten a materia prima e o capital humano e tecnolóxico pero só lle falta o mais importante que é a concienciación de sí mesma como pobo para conquerir a súa plena emancipación e non depender de extraños e escuros políticos de secano co único afán de proclamar e preservar unha patria ficticia coa que nunca nos sentimos nen sentiremos identificados xa que somos fillos da nosa terra somos netos de breogán somos GALEGOS.


CULTURA

Como todos sabedes a cultura é unha resultante histórica. A nosa terra diferente crea hábitos peculiares de vida, manifestándose en cada época baixo formas autóctonas de cultura.

Podemos comezar polos momentos prehistóricos que amosan caracteres marcadamente diferenciados..

Aparece a cultura dos castros e citáneas, aparecendo un arte propio con símbolos relixiosos que fan supoñer a existencia de cultos peculiares e comúns a toda Galiza.

A Galiza do século IV: Pobo celta, romanización e cristianización, dando a figura de Prisciliano, perseguido por predicar un sentido panteísta do seu país natal da doutrina católica, finalmente foi asasinado en Alemaña vítima das loitas teolóxicas daquela época. A súa doutrina enxendrou unha eirexa separada donde se cotexaron tódolos galegos. Tales foron as raices que deixou o priscilianismo que a pesar das campañas dos cregos, o noso pobo aldeán segue sendo heterodoxo. A invención do apóstolo, ¿Prisciliano ou Santiago? fixo da nosa terra un centro de universalidade. Nos camiños que conducía a Galiza crúzanse as alturas do mundo antigo e fórmase a unidade espiritual de occidente. Ao mesmo tempo xorde unha poderosa cultura galega que adquire independencia e vida propia, un exemplo é a arte románica culminando no pórtico da groria, e tamén a poesía lírica culminando no cancioneiro da vaticana. As artes construtivas callaron en Galiza no estilo románico que perdurou por enriba do gótico deica enlazarse co barroco. Existe un barroco galego, estilo no que creamos exemplares que son fitos na historia da arte.

O romance galego percorreu un ciclo literario completo, tanto que traspasou as fronteiras do noso país, chegando a ser a lingua lírica e cortesán de Castela. En galego escribiron Alfonso IX, Alfonso X e outros enxeños casteláns, incluso algún poeta Árabe foi tributario do noso idioma.

Chegou a “doma y castración de Galicia” por parte dos reis Católicos para enmudecer ó noso pobo, pero a nosa lingua seguiu florecendo en Portugal, e o pobo galego non quixo esquecela.

Cando ó galego se lle negaba ser a fala popular de Galiza e lingua de cultura, o padre Sarmiento traduciu ó galego todo canto se escribiu en grego, latín e castelán.

As mocidades románticas e literarias do século XIX descubriron a fermosura lírica do galego e comezaron a renacenza das nosas letras, que hoxe están floridas.

Temos os nosos refráns e os cantares cheos de tenrura e picardía.

Temos os hórreos, que demostran o sentido galego das fermosas proporcións.

Temos a nosa escultura popular nos cruceiros, nas fontes e nos portalóns.

Temos unha inmensa riqueza folclórica, a nosa música popular e os nosos bailes e danzas populares.

Observade o sino diferencial da nosa cultura respecto das demais:
Lírica contra épica, muiñeira contra jota, gaita contra guitarra, cruceiro contra picota, intuición contra lóxica...

Como podedes ver, despois desta análise podemos afirmar que a plurinacionalidade do estado Español é unha evidencia, por moito que PSOE e PP intenten camuflar e negar proclamando unha única nación (a castelá) e patria común indivisible, unha patria de “palmas e touros”, sen dubidar en usar as forzas e corpos de seguridade do estado para defendelas, chegando a coartar a liberdade dos nosos pobos . Noutros tempos estes argumentos que agora usan estes políticos pertenceron a un galego remudado do que seguro todos vos lembrades. Ese generalísimo “por la gracia de dios” que lamentablemente deixou moitos adeptos nun e noutro lado da política estatal actual. Non poderán negar nunca a realidade reflexada nos aspectos culturais, territoriais, económicos, sociais, políticos e lingüísticos que posuímos.

Nas nosas mans queda o conquistar a nosa autodeterminación para sermos un pobo ceibe , un pobo que debe ser dono da súa terra e do seu destino.

Loitemos xunt@s e venceremos !!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Qué burradas acabo de leer! Decir Puerto del Sonido (cuyo topónimo tradicional español es Puerto del Son). Y equiparar topónimos que sí han sido castellanizaciones con el de Puebla de Trives o el de San Juan de Río. Denotáis un bajísimo nivel cultural. Bueno, viniendo de donde viene, de Jorge Vázquez, no me extrañan tantas lagunas intelectuales. Una mentira, aunque sea mil veces repetida, es una mentira; y le topónimo de Puebla de Trives, el de San Juan de Río, el de La Coruña, son los topónimos de esos lugares tradicionales (no los gallegos), y en nuestra lengua común. No estemos tergiversando ni mezclando churras con merinas. Además, en el artículo os inclináis a decir que fue en la época franquista cuando se castellanizaron topónimos (nunca hubo tal proceso, otra de las mentiras del nazionalismo). Os invito a que leáis a grandes intelectuales como manuel Azaña (Presidente de la II República) para ver cómo se refería a la ciudad herculina: La Coruña, por supuesto.

Sois unos incultos. Una panda de borregos detrás de ese iluminado fascistoide y racista que era Manuel Castelao (nacido en Rianjo, provincia de La Coruña, como él mismo completó al inscribirse en la Facultad de Medicina de Santiago).

Y si no, empezad a utilizar el topónimo oficial de Santiago, ya que Santiago de Compostela es una castellanización del imperialismo español fascista y franquista que decís. Utilizad Samto Iâgo do Campo Eshtrelado (así con entonación portuguesa que tanto os gusta citar).


QUE VIVA PUEBLA DE TRIVES Y QUE VIVA ESPAÑA

Anónimo dijo...

"Lírica contra épica, muiñeira contra jota, gaita contra guitarra, cruceiro contra picota, intuición contra lóxica..."

Jajajajajajaja, me parto. ¿Vedes como sodes unhes racistas e vos crïedes superiores? Hala, a ler os Vieiros, que é a vosa revista protátile namentres indes a o baño a defecar a gusto.

Anónimo dijo...

Anónimo, antes de nada podrías escribila túa identidade ou non criticar personalmente a xente. O que di mentiras eres tu, xa que na Galiza so se falaba galego é o castelán foinos imposto. Por tanto todolos topónimos eran únicamente en galego e logo os castelanizaron os invasores da nosa terra.

Por outra banda non das argumentos en contra do que se escribe no texto. Aparte chamasnos racistas por decir que temos diferentes costumes e forma vivir, xusto os mesmos que poñen vaias nas fronteiras con Marrocos para non deixalos entrar.

Anónimo dijo...

política non é solo estar os fins de semana co cubata na man por trives e decir baralladas mentres os teus che rin as parvadas.
anónimo reláxate e deixa de sinalar á xente, porque jorge non ten nada que ver con este artigo.

como se nota que nunca saiches de la puebla porque o de puerto del sonido ainda o usan e moito, pero claro o que non ten tempo de ver as cousas pois inventa e crese o que imaxina.
nivel cultural? jajajaja. pero se non tes nen idea de quen foi castelao rapaz!!, informate. por certo se castelao foi fascista, que foi fraga? un patriota? un profeta?...
A ti gustarache estar debaixo dos demais toda a tua vida e incluso che gustará que che usurpen os teus bens e dereitos.os demais cremos nos nosos dereitos e iranos a vida nelo e nunca claudicaremos que é o mais sinxelo, e iso si é de cobardes.
gracias que espécimes coma ti deben quedar poucos!
Por certo nós non insultamos, expresámonos con datos veraces e non inventamos propaganda barata que seguro che dá moitos réditos electorais cando vaias a visitar ós velliños casa por casa para baixarte os pantalons e suplicarlle o seu voto. Por certo, é agora o PP cando quere tamen unha reforma electoral do voto emigrante, que raro, pois cando estaban eles nunca lles deu por isas cousas, sería porque nunca viñan mal uns votos amañados? ata votaban os mortos, iso si que é amor á patria jajaja.
saudos wapo!